Municipal

Os socialistas poñen en cuestión as novas liñas de bus e as súas eivas

As XXSS botan en falla unha liña que conecte o campus

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas poñen en cuestión as novas liñas de bus e as súas eivas
Os socialistas poñen en cuestión as novas liñas de bus e as súas eivas | onda cero ourense

As Xuventudes Socialistas de Ourense critican o vaivén constante e cambio de idea do Alcalde sobre as novas liñas de bus que hoxe entran en funcionamento.

Dende esta organización, Miguel Gómez criticou que os cambios sexan anunciados nas Redes Sociais do Alcalde, que non haxa unha liña con capacidade para o alumnado que chega en tren ou que non haxa unha liña específica que comunique o alumnado co campus, expresando tamén preocupación pola conexión do alumnado da periferia cos seus centros de ensino de referencia.

Dende a dirección do grupo municipal socialista, Natalia González calificou os cambios de ocorrencia sen base e voltou a incidir en que o Alcalde debe escoitar ós veciños para incluir no deseño as demandas de estos.