A Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG de Ourense impulsa a creación dun grupo escultórico nos arredores do arquivo provincial para render homenaxe e lembrar ás vítimas ourensás durante a ditadura franquista. Así o anunciou a secretaria xeral do partido na cidade e voceira no Concello de Ourense, Natalia González, quen tamén solicitou a constitución do Consello Municipal da Memoria por parte do goberno de Jácome. “Un goberno que da as costas ao seu pasado non pode mirar cara o futuro”, salientou durante o acto de homenaxe á figura do primeiro rexedor socialista, Manuel Suárez, fusilado na madrugada do 27 de xullo de 1937. As e os socialistas reclaman que o executivo local teña en conta as súas reclamacións históricas de que mude o nome á praza da Biblioteca Nós polo de Praza da II República e se constitúa como lugar de memoria o seu conxunto, dándolle forma cun grupo escultórico no que se inclúan os nomes de todas as vítimas. Así o presentarán por escrito ao pleno do vindeiro venres do Concello de Ourense.
Os socialistas ourensáns reivindican a figura do fusilado Manuel Suárez
Reivindican un grupo escultórico para homenaxear ás víctimas da dictadura

