Municipal

Os socialistas falan de "tasazo" no recibo da recollida de lixo de Ourense

A suba prevista será dun 44%

Paco Sarria

Ourense |

María Fernández
María Fernández | onda cero

O grupo municipal socialista presentará enmendas diante da anunciada suba da tarifa de recollida de lixo por parte do goberno municipal de Democracia Ourensana.

Os socialistas critican que o Alcalde leve anos desentendéndose da súa responsabilidade ó respecto lembrando que a normativa europea leva anos aprobada, esixindo avanzar na reciclaxe e a xestión sostible de residuos.

Consideran que a suba programada polo rexidor municipal é desproporcionada por pura incompetencia, segundo a edil María Fernández que engade que o concello leva tempo sen investir en sistemas eficaces de recollida selectiva, nin en campañas de concienciación nin na modernización do servizo.