O grupo municipal socialista lamenta que o goberno de Democracia Ourensana “fulminase” a tradicional loita de mecos na que participaban uns 300 escolares de diferentes centros educativos da cidade.
Explican nun comunicado de prensa que non entenden que o Alcalde non a incluíse na programación do Entroido.
Así mesmo consideran que o cartaz deste ano non está á altura do que siñifica o Entroido para Ourense e que dende DO organizan a programación para unha das datas máis relevantes do almanaque “perdendo progresivamente a súa identidade”.
Engaden asemade que o cartas deste ano custou ás arcas municipais 1500 euros.

