Política

Os socialistas consideran insuficintes as axudas da Xunta polos lumes

Acusan a Rueda de falla de diálogo cos Alcaldes

Paco Sarria

Ourense |

Alvaro Vila
Alvaro Vila | onda cero

Os socialistas ourensáns consideran insuficintes as axudas anunciadas polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é pídenlle ó presidente do executivo galego un diálogo real cos concellos afectados pola vaga de lumes.

Ó través dun comunicado expresan un “profundo malestar” tra-la reunión de Rueda cos rexidores municipais e explican que o encontro quedou reducido a unha mera exposición unilateral das medidas do goberno galego sen dar espazo ó diálogo.

Consideran ademáis que non pode despolitizarse unha traxedia que require de decisións políticas.

O secretario provincial dos socialistas ourensáns, Álvaro Vila reprocha a Rueda que este dixera ós Alcaldes que non se pode falar de política.