A xerencia do CHUO comunicou que vai "garantir" o mantemento do servizo de cirurxía pediátrica en Ourense e só remitirá á Vigo os casos máis complexos. A resposta do SERGAs obedece á presión social e médica das últimas semanas á que se sumou unha campaña en internet na que se recolleron máis de novemil sinaturas. Nun comunicado remitido polo SERGAS, afirman que se seguirá realizando en Ourense toda a actividade programada en condicións de "calidade e seguridade" pero tamén lembran que o servizo de cirurxía de Vigo é o de referencia pediátrica de Ourense, Verín e Valdeorras.