A comparecencia do presidente Rueda no Parlamento para ofrecer explicacións da acción do goberno galego en relación coa vaga de lumes deixou varios titulares. Para comezar, a Xunta asumirá a limpeza de fincas próximas a vivendas e pasará factura a propietarios polo desbroce de franxas secundarias en concellos de menos de 10 mil habitantes.
Cifrou Rueda a superficie ardida en agosto en 120 mil hectáreas e anunciou que solicitará a Sánchez unha base permanente da UME que estaría ubicada en Toén.
Unha unidade de emerxencias do Exército á que o PP se opuxo cando foi creada por Zapatero e un emprazamento que foi descartado por Rajoy cando lle foi solicitado pola Deputación de Ourense.
Dende o partido socialista, Gómez Besteiro lembrou a Rueda que a petición xa fora rexeitada por un goberno central do PP por innecesaria.
Un asunto que tamén abordou o parlamentario de Democracia Ourensana Armando Ojea que lembrou que a orixe da idea foi socialista.

