Reunión de Manuel Baltar coa presidente da Asociación de avogados e avogadas xóvenes
O obxectivo da agrupación é o de apoiar ás novas persoas colexiadas por medio de iniciativas de formación e promoción das actividades do colectivo en Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa presidenta da Asociación de avogados e avogadas xóvenes de Ourense, Yolanda Ramos, e coa vogal primeira deste colectivo, Bibiana Blanco, con quen analizou posibles ámbitos de cooperación entre este colectivo e a institución provincial. O obxectivo da agrupación é o de apoiar ás novas persoas colexiadas por medio de iniciativas de formación e promoción das actividades do colectivo en Ourense, así como establecer acordos de cooperación con empresas e institucións.
O presidente Baltar, como letrado de profesión, destacou o gran labor que presta á avogacía á sociedade e a salientou “o impulso que os novos avogados lle dan a este colectivo na provincia”, amosando “a disposición de colaboración por parte da Deputación de Ourense con iniciativas que desenvolve esta asociación”.
En concreto, nesta liña de cooperación, a Deputación de Ourense colabora co financiamento do “II Encontro: Mulleres profesionais do sector xurídico”, un evento que organizan as agrupacións de avogados xóvenes de Ourense, Vigo, Santiago, Ferrol, Pontevedra, A Coruña e Lugo, que se celebra o vindeiro 6 de marzo en Ourense, con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora en 2020. No encontro, analizaranse aspectos do liderado feminino desde unha perspectiva institucional, e abordarase o estado actual e a problemática da muller profesional como líder no sector xurídico, ademais de intercambiar experiencias sobre a situación real das mulleres profesionais no ámbito xurídico.