Rescate

Rescatados dous sendeiristas en Nogueira de Ramuín

Desplegado un operativo da garda civil e protección civil

Paco Sarria

Ourense |

Rescatados dous sendeiristas en Nogueira de Ramuín
Rescatados dous sendeiristas en Nogueira de Ramuín | onda cero ourense

Pasadas as dez da noite de onte duas persoas contactaban telefónicamente co 112 Galicia para informar de que estaban perdidas nunha zona de monte tras mentres facían unha ruta no concello de Nogueira de Ramuín.

Estaban nas proximidades de San Xoán de Cachón, cando perderon a orientación; a uns corenta minutos do Parador de Santo Estevo, onde estaban aloxados.

O centro integrado de atención ás emerxencias informou inmediatamente á garda civil e á agrupación de vontarios de protección civil de ese concello que realizaron o operativo de rescate.

Tras varias hora de búsquesa, ambos sendeiristas foron localizados pola garda civil na zona próxima ó mosteiro, nunha rampa que non lles permitía un fácil acceso á estrada, sendo precisas cordas e arneses; así como un sistema de retención, para que poideran baixar; o que finalmente conseguíu o operativo mobilizado.

Pasada a media noite foron trasladados por protección civil ó seu lugar de aloxamento.