O grupo provincial do PP na Deputación denuncia a supresión das competencias de seis xulgados comarcais da nosa provincia en materia de violencia de xénero.
A deputada provincial de Igualdade, Teresa Barge e outros cargos populares explicaron fronte ó xulgado carballiñés que a entrada en vigor do Real Decreto 42272025 de xuño pasado supón a supresión das competencias nos xulgados de Verín, Carballiño, Xinzo de Limia, Ribadavia, Celanova e Bande, centralizándose estos asuntos nos xulgados da cidade polo que consideran que se ocasiona un grave perxuicio ás victimas, e en especial ás do medio rural.
Por elo presentarán unha moción rexeitando a medida no pleno da Deputación.

