Municipal

O PSOE critica o uso de tránsfugas por parte do PP para censura en Manzaneda

A moción de censura debátese este mércores

Paco Sarria

Ourense |

O PSOE perde a maioría absoluta en Manzaneda
O PSOE perde a maioría absoluta en Manzaneda | concello de Manzaneda

Os socialistas ourensáns amosaron o seu rotundo respaldo ao Alcalde de Manzaneda, Amable Fernández e critican que o PP impulse unha moción de censura apoiándose en tránsfugas e en contra da vontade do pobo que nas municipais do 2023 deu ó PSOE un apoio maioritario.

Para os socialistas os populares pervirten a democracia ó asinar esta moción contra un rexidor que obtivera unha “maioría absolutísima”.

De tal xeito acusan ó presidente provincial do PP, Luis Menor, de continuar na liña do Baltarismo promovendo este tipo de mocións de censura e actuando “con vellas prácticas caciquís e clientelares” co único propósito de acadar alcaldías a toda costa e “comprando vontades” .

Nun comunicado de prensa piden ademáis ós ex concelleiros socialistas que asinan a moción que entreguen as súas actas.