O grupo municipal socialista no Concello de Ourense alerta que a nova reforma do servizo municipal de transportes anunciada polo Alcalde agocha un recorte encuberto das liñas.
Piden unha exposición pública dos cambios e un periodo transitorio para avaliar e correxir as deficiencias antes de que esté consolidado.
A voceira socialista Natalia González manifestou que o transporte público é un servizo esencial e debe ser deseñado con rigor, transparencia e pensando nas necesidades dos usuarios e usuarias.

