O psoe cree que o orzamento da deputación é "continuista" e apenas invirte nos concellos

Os socialistas cuestionaron o orzamento da Deputación de Ourense que ascende a 73,7 millóns de euros porque consideran que ainda que se incremente nun 11% en relación co ano anterior, o gasto corrente e o persoal seguirán absorvendo case a totalidade.

ondacero.es

Ourense | 04.11.2013 13:17

Ignacio Gómez (Psoe-Ourense)
Ignacio Gómez, voceiro do psoe na deputación | Faro

A Deputación de Ourense incrementará en 2014 o orzamento nun 11% achegandose a 73,7 millóns de euros dos que case o 70% serán absorbidos polo gasto corrente e persoal. Este último descende un 37,5 %  en relación co ano anterior ainda que dende o psoe o voceiro provincial, Ignacio Gómez advirte que non é a primeira vez que se incrementa con modificacions orzamentarias. Os socialistas ven difícil dar a sua confianza a un orzamento co que o equipo de goberno promete ofrecer mais axuda e asistencia a concellos convertíndose nunha "banca de concellos".  Gómez cree que esta filosofía contrasta co alto endebedamento e cun retraso notable no pago a proveedores. Dende o Psoe,en espera de analizar polo miudo o documento de orzamentos advirten do que pode acontecer se finalmente hai que devolver 10 millons de euros que reclama a Unión Europea polo presunto fraude das depuradoras e consideran "curioso" que se anuncie un incremento dun 40% de orzamento para INORDE, organismo que entenden "debería desaparecer"