Deputación Ourense

Proxectos de melloras municipais e solidariedade coa familia afectada por un incendio

O presidente provincial analizou hoxe co alcalde da localidade, Manuel Gallego, actuacións futuras para levar a cabo en cooperación entre Deputación de Ourense e o concello

ondacero.es

Ourense |

Manuel Baltar e Manuel Gallego | Deputacion de ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmou hoxe ao alcalde de Taboadela, Manuel Gallego, na reunión que mantiveron no Pazo Provincial, “o compromiso da Deputación de Ourense de colaborar achegando fondos económicos á conta bancaria aberta polo concello de Taboadela para axudar á familia que perdeu o seu fogar no incendio ocorrido días pasados”. Baltar interesouse pola situación que está a padecer a familia afectada, garantindo colaboración por parte da deputación “para que poida refacer a súa vida canto antes tralo grave suceso que arrasou o seu fogar”.

Precisamente, este matrimonio de Taboadela, que residía nunha caravana cun fillo de nove anos e outro dun mes, apelaba días pasados á solidariedade dos ourensáns, unha axuda que axiña comezou a chegar coa achega de alimentos, roupa, mantas, electrodomésticos e outros elementos de primeira necesidade, ante o cal a familia amosou o seu fondo agradecemento. O incendio, que se declarou o pasado día 7, calcinou por completo tres caravanas e un coche que se atopaban estacionados nunca finca situada en Mesón de Calvos.

No encontro de hoxe, o presidente do goberno provincial e o rexedor de Taboadela analizaron, ademais, proxectos de infraestruturas para o municipio e actuacións futuras para levar a cabo en cooperación entre Deputación de Ourense e o Concello de Taboadela.