Lumes

A provincia de Ourense castigada polos lumes

Máis dun 10% da provincia ardeu

Paco Sarria

Ourense |

A provincia de Ourense castigada polos lumes
A provincia de Ourense castigada polos lumes | Paco Sarria

5 lumes continúan activos na provincia de Ourense onde a situación remite anque mantense a situación 2 de emerxencia.

Estos 5 lumes suman perto de 80 mil hectáreas.

O máis importante segue a ser o que afecta a Valdeorras e Quiroga, con 30 mil hectáreas ardidas dende o mércores da semana pasada e que comezaba na localidade de Seadur en Larouco,

Séguelle en importancia o que comezaba en Chandrexa e Vilariño de Conso e que afecta ó macizo central, con 19 mil hectáreas ardidas.

A continuación o de Oimbra, que afecta ó Val de Monterrei, con 17 mil hectáreas consumidas.

E con 10 mil hectáreas ardidas o de Esculqueira en A Mezquita e que afecta a territorio zamorano.

O quinto lume activo é o de Carballeda de Valdeorras-Casaio-A Veiga, con 2600 hectáreas calcinadas.

Temos asemade 7 lumes estabilizados en Carballeda de Avia-Beade que afecta a outros concellos do Ribeiro; o de Santiso e Castro de Escuadro en Maceda; os de Moialde, Vilar de Cervos, Fumaces e a Trepa en Vilardevós; o de Trasestrada en Riós e o de Paredes en Montederramo.

Todos eles suman perto de 10 mil hectáreas.