Municipal

O presidente provincial do PP admite que os orzamentos do Concello "son de guerra"

Menor asegura que houbo transparencia no acordo con DO

Paco Sarria

Ourense |

Luis Menor pon en valor o novo modelo de financiamento con 28 millóns de euros para os concellos
Luis Menor pon en valor o novo modelo de financiamento con 28 millóns de euros para os concellos | onda cero

A cidade de Ourense conta con orzamento municipal despois de 5 anos sen eles. Uns presupostos que rondan os 116 millóns de euros e que carecen na práctica de investimentos xa que a maioría do mesmo vai a gastos de personal pese a incrementarse nun 12,4% en relación cos do 2020.

Sobre estas contas xerais falou o presidente da Deputación e do PP, Luis Menor quen admitíu que é un orzamento de guerra, pero que decidiron apoialo coa abstención para poñer un pouco de orde.

O presidente dos populares ourensáns negou que non existira transparencia no acordo e insitíu no diálogo para normalizar unha situación, a diferencia do feito por PSOE e BNG.

Quixo en todo caso explicar Menor que existen dous xeitos de gobernar. O da Deputación, con orde e o do concello de Ourense.