Nova moción de censura en Galicia. Nesta ocasión no concello ourensán de Manzaneda onde os populares, con apoio de tránsfugas socialistas desbancarán ó Alcalde do PSOE que goberna en minoría.
Os dous edís populares, sumados ós dous de non adscritos superarían ós tres que actualmente teñen os socialistas.
De tal xeito o popular Pedro Yañez relevará a Amador Fernández.
Con anterioridade O Irixo vivíu dúas mocións de censura e unha segunda moción tivo lugar recentemente en Viana do Bolo entre socialistas e nacionalistas contra o PP.
A censura en Manzaneda terá lugar o 29 de outubro ás 12 do mediodía.

