ondacero.es
Ourense | 21.10.2013 09:26
O director xeral de traballo e relacións laborais da xunta, Odilo Martiñá, inaugura este luns a "Semana do emprendemento" que organiza a Asociación de Empresarios do Polígono de San cibrao baixo o lema "Atrévete" e que inclúe visitas a empresas, conferencias e divulgación de experiencias.
A primeira das confederancias leva por título "Hoxe poder ser un gran día, emprende con éxito" a cargo de Angel López Naranjo, responsable de formación da Asociación de empresarios e empredendedores de Galicia (ASCEGA). O martes haberá unha visita a empresas e unha mesa redonda sobre "experiencias reais con empresarios". O mércores continúan as visitas e o despacho Garrigues falará da "nova lei de emprendedores". Na xornada do xoves será presentada a experiencia da Cooperativa Coren e o venres o xerente do Grupo Cuevas, Artur Yuste presentará unha nova páxina para o emprendemento en facebook. Ademáis Santiago Vázquez da compañía R falará da "felicidade no traballo e na vida"