Patrimonio

Xa poden visitar o Faladoiro de Frei Martín

Está en Xunqueira de Espadanedo

Paco Sarria

Ourense |

Xa poden visitar o Faladoiro de Frei Martín
Xa poden visitar o Faladoiro de Frei Martín | onda cero ourense

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou o miradoiro no que se ubica a escultura ‘O Faladoiro de Frei Martín’. Esta obra do artista ourensán Acisclo Novo está situada nun balcón natural que da ao mosteiro cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo. Trátase dun dos proxectos beneficiados polas axudas a concellos de ata 10.000 habitantes da Axencia de Turismo de Galicia en 2025.

No caso de Xunqueira de Espadanedo, a achega para o establecemento do Faladoiro ascendeu a 30.000€. En total, 67 concellos recibiron axudas de distinto valor para realizar actuacións de mellora das infraestruturas turísticas na convocatoria deste ano, dotada cun total de 2M€.

‘O Faladoiro de Frei Martín`’ busca ser unha homenaxe ao primeiro abade coñecido de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, frei Martín. A escultura defínese como un parladoiro, inspirado nos tradicionais asentos de pedra das ventás nas casas galegas, que permite unha vista privilexiada ao mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, e quere ser punto de encontro onde compartir cultura e historia.