7849 son as hectáreas ardidas ata o de agora na provincia de Ourense dende a fin de semana.
O lume máis voraz segue a ser o de Chandrexa de Queixa onde van ardidas 4500 hectáreas na parroquia de Requeixo e onde permanecen efectivos da UME colaborando cos servizos de extinción galegos.
Pero un segundo lume na parroquia de Perafita, en Chandrexa, afecta a outras 500 hectáreas; parte delas limítrofes co concello de Manzaneda.
O segundo incendio en importancia é o que afecta á parroquia de Santiso, en Maceda, onde van ardidas 1700 hectáreas, parte das que afectan ó concello de Montederramo e onde tamén traballan efecticos da UME.
E un segundo lume en Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, leva calcinadas tamén 450 hectáreas; anque este está estabilizado.
Activo permañece o de A Esculqueira, en A Mezquita, con 100 hectáreas ardidas e onde colaboran efectivos de extinción portugueses.
Os restantes lumes están estabilizados.
En Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, van ardidas 180 hectáreas.
Na parroquia de Paredes, no concello de Montederramo van ardidas 120 hectáreas.
En Moialde, concello de Vilardevós arderon 40 hectáreas e aquí na capital, en Seixalvo, arderon 50 hectáreas.
A todos eles hai que engadir o de Mourazos en Verin, con 9 hectáreas ardidas, que xa está controlado.
Solo nos lumes activos están sobre o terreo 153 brigadas, 28 helicópteros, 33 avións, e 100 motobombas, entroutros medios humáns e técnicos.

