Sucesos

En paradeiro descoñecido o profesor condenado por violación e abusos

Debería ter ingresado no cárcere en xullo

Paco Sarria

Ourense |

En paradeiro descoñecido o profesor condenado por violación e abusos
En paradeiro descoñecido o profesor condenado por violación e abusos | onda cero ourense

O profesor de música que fora condeado a 13 anos de cárcere por violar e abusar sexualmente de unha alumna dun dos centros escolares no que impartía clase está en paradeiro descoñecido.

O condeado estaba en liberdade provisional por decisión da Audiencia Provincial ata que a sentencia non fose firme.

A derradeira posibilidade de evita-la cárcere rematou en xullo pasado, cando o Tribunal Supremo rexeitou o recurso de casación interposto pola súa defensa ó considerar o alto Tribunal que carecían de relevancia casacional. Dende ese momento tería que ter ingresado na cadea.

O desaparecido daba clase de música en educación infantil ata sexto de primaria e a menor da que abusou tiña 12 anos. Contactara con ela ó través de Instagram ocultando a sua verdadeira identidade e aspecto.