O Partido Popular de Ourense reitera a proposta de medidas para erradicar a delincuencia en A Ponte, O Vinteún e o Casco Vello, reclamando a Concello e Subdelegación do Goberno unha coordenación de medios que ata o de agora non se da.
Explican os populares que está a xerarse alarmismo na sociedade e que deben reforzarse as medidas de seguridade diante da pasividade da administración local e a falla de efectividade da administración do Estado.
Entre as medidas propostas están un pleno extraordinario, a convocatoria dunha xunta local de seguridade extraordinaria na que se escoite ós veciños, a instalación de cámaras de seguridade ou o reforzo dos corpos policiais, como explicou a voceira do PP no Concello, Ana Méndez.
A deputada no Congreso, Ana Belén Vázquez repasou o incremento da criminalidade dende o 2018 con datos como o incremento da tasa criminal nun 11,5% no último ano; o incremento de delictos nun 29,7% ou o aumento das okupacións.
Preguntadas pola aparición en escena do chamado Frente Obrero para organizar patrullas cidadáns, respostaron que os veciños non teñen nada que ver con estos grupos chegados de fora e que si se produciron foi por falla de escoita das administración.