Ourense Cidade

Ourense activa ofrecerá formación a 180 xóvenes desempregados

180 desempregados e desempregadas ourensáns de entre 15 e 29 anos poderán optar dende a participar no programa de formación "Ourense activa"

ondacero.es

Ourense |

Presentacion de Ourense Activa
Presentacion de Ourense Activa | onda cero

A iniciativa xestionada polo Concello de Ourense a través da Concellería de Promoción Económica desenvolverase dende o vindeiro 7 de Marzo cun orzamento que ronda o millón trescentosmil euros con cargo ao Fondo Social Europeo.

Os aspirantes poderán dirixirse ao centro de iniciativas empresariais da rua Colón e deberán estar inscritos no servizo público de emprego da xunta e no programa de garantía xuvenil.

O alcalde de Ourense, Xesús Vázquez lembraba esta mañá que a oferta formativa do "Ourense Activa" realizarase nos eidos da promoción turística, novas tecnoloxías, atención á dependencia e na xestión de actividades do pequeno comercio. Para o rexedor ademáis de ser unha "oportunidade" para a mocidade é tamén unha "inversión de futura cidade". Para o edil de promoción económica Jorge Pumar que Ourense conte co programa Ourense Activa é unha "moi boa nova" para unha cidade que conta con máis de mil mozos desempregados aos que se vai poder ofrecer un certificado de profesionalidade con prácticas en empresas e unha percepción mensual de 300 euros.

As solicitudes poden facerse no CIE e serán avaliadas por un equipo técnico se supera o número de prazas ofertadas