Ourense acolleu unha exposición das últimas novidades en vehículos ecolóxicos
Ourense acolleu o pasado venres unha exposición de vehículos ecolóxicos, organizada pola revista YOTAXI, dirixida aos profesionais do taxi e as autoescolas. Un total de 8 marcas automobilísticas punteiras no sector participaron nesta mostra situada na Alameda de Ourense durante toda a xornada do 24 de maio, para dar a coñecer os seus vehículos non contaminantes ou de baixas emisións. Hyundai, Skoda, Renault, Dacia, Kia, Subaru, SsangYong, Peugeot e Nissan non quixeron faltar a este evento, que chegaba á súa segunda edición despois de lograr un gran éxito o pasado ano. O vehículo ecolóxico deixará de ser excepcional proximamente e pasará a converterse na modalidade por excelencia que os conductores terán que empregar. Polo que, para achegarse ao futuro, foron numerosos os profesionais así como a cidadáns en xeral que visitaron esta exposición dos vehículos máis respetuosos co medioambiente.