Ourense Cidade

Obras de asfaltado na rúa Alejandro Pedrosa obrigan a pechar a rúa ao tráfico desde martes 11 até o venres 14

A reposición do firme realizarase entre os números 25 e 79, unha superficie total de 2.800 m2 , o ancho completo da calzada.

ondacero.es

Ourense | 10.12.2018 09:34

Obras en Alejandro Pedrosa
Obras en Alejandro Pedrosa | Onda Cero

A rúa Alejandro Pedrosa, no barrio do Vinteún, será obxecto de obras de mellora do firme durante esta semana, circunstancia que obrigará a pechala ao tráfico rodado desde o martes, 11 de decembro, até o venres 14. As obras consistirán no fresado e posterior reposición do firme -asfalto-. A superficie afectada será de 2.800 m2 e repoñerase o ancho completo da calzada.

O departamento de Infraestruturas do Concello de Ourense xa avisou os afectados, tanto veciños como propietarios de garaxes, e a Policía Local informará os condutores das posibles alternativas.

Desde o Concello de Ourense prégase comprensión polas molestias que poidan ocasionar estas obras de mellora entre a veciñanza da zona.