Ourense Cidade

Nova concentración das traballadoras do servicio de limpeza

Continuando co calendario de mobilizacións acordado pola asemblea de traballadores e traballadoras, mañá mércores o persoal do servizo de limpeza dos colexios públicos municipais volve concentrarse díante da Casa do Concello

ondacero.es

Ourense |

Protestas servicio limpieza colegios municipales | La Voz de Galicia

Na actualidade as traballadoras con contrato a tempo parcial poden completar a xornada facendo substitucións ou cubrindo baixas por IT ou xubilación, cousa que sería mais complicada si o servizo se parte en lotes e empezan a traballar no ámbito distintas empresas. CCOO criticamos que o Concello, en lugar de velar pola calidade do emprego nas concesións públicas, empregue a posibilidade que lle permite a nova Lei de Contratos do Sector Público de partir a concesión en lotes deteriorando as condicións laborais do persoal que realiza este servizo. CCOO consideramos que o servizo de limpeza dos colexios públicos municipais ten un tamaño que impide a súa partición en lotes. Lembramos que este servizo é prestado por 43 traballadores e traballadoras, polo que reducir o tamaño a lotes, só levaría consigo unha precarización das condicións de traballo das persoas que realizan este servizo. CCOO non entendemos, por outra banda, que tendo a maior parte das concesións municipais en precario (axuda a domicilio está a piques de entrar en precario; buses urbanos levan en precario anos, así como a ORA e outros mais), os responsables do Concello teñan tanta urxencia por sacar a nova concesión deste servizo, servizo que tras os conflitos vividos antaño con outras concesións, está a funcionar razoablemente ben. Por esto, para amosar o seu rexeitamento frontal á intención do Alcalde de partir en lotes a concesión da limpeza dos colexios públicos municipais, as traballadoras e traballadores do servizo levarán a cabo, o mesmo que fixeron a semana pasada, unha CONCENTRACIÓN díante da Casa do Concello na praza Maior, este mércores 27de febreiro de 11:00 a 11:30 h. Coa concentración de mañá remata o calendario de mobilizacións aprobado pola asemblea de traballadores e traballadoras, polo que convocarase unha nova asemblea para planificar os actos a realizar a partir de agora, pero queremos deixar claro, que CCOO non desgota ningún tipo de medida de presión para evitar este reparto en lotes e incluso podería impugnar xudicialmente a decisión do Concello si finalmente se materializa. CCOO reitera o seu chamamento ao Sr. Alcalde para que recapacite e desgote a idea de sacar o servizo de limpeza de colexios públicos municipais por lotes, xa que esto perxudicaría gravemente ás traballadoras que realizan o servizo.