Ourense Cidade

A Xunta reformará o centro de protección de nenos e adolescentes da Carballeira

Os traballos teñen un prazo de execución previsto de seis meses e están centrados na mellora do control térmico interior e a eficiencia enerxética do edificio.

Óscar Gómez

Ourense | 09.12.2022 08:02

A Xunta reformará o centro de protección de nenos e adolescentes da Carballeira
A Xunta reformará o centro de protección de nenos e adolescentes da Carballeira | onda cero

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey informou que a Xunta sacou a licitación pública as obras para a renovación da instalación, que contarán cun investimento de 957.000 euros para mellorala. Nesta visita estivo acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén.

As obras, que terán un prazo de execución previsto de seis meses, están centradas na mellora do control térmico interior e a eficiencia enerxética do edificio. Máis polo miúdo, substituiranse todas as carpinterías exteriores; as ventás sinxelas cambiaranse por dobre ventá; colocaranse paneis tamiz nunha parte da fachada, para mitigar a incidencia do sol; aplicarase un revestimento exterior; e farase unha reforma do acceso con novos elementos de iluminación.

Este procedemento, que se publica na Plataforma pública de contratacións da Xunta de Galicia, determina os requisitos técnicos que terán que reunir as empresas interesadas, que deberán presentar a súa solicitude para facerse cargo dos traballos. Este proxecto fináncianse con cargo aos fondos europeos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - NextGeneration