Patrimonio Mundial

A Xunta ofronta con "optimismo e confianza" a candidatura da Ribeira Sacra

A proposta céntrase nos atributos especiais desta paisaxe que abrangue 26 municipios de Lugo e Ourense e que o dotan dun “valor universal e excepcional”

Onda Cero Ourense

Ourense |

Ribeira Sacra y recorrer la PR-g 180 Ruta da Cubela.
A Xunta ofronta con "optimismo e confianza" a candidatura da Ribeira Sacra | Onda Cero

José López Campos, salientou que a Xunta afronta “con optimismo e confianza” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Fíxoo nunha presentación no expositor de Galicia na Feira Internacional de Turismo, xunto co consorcio de Turismo Ribeira Sacra, e onde se amosou “máis que satisfeito” co realizado ata o momento polos técnicos do Goberno galego e o Ministerio de Cultura e avanzou os últimos pasos para chegar “coas máximas garantías e a mellor estratexia posible” á avaliación final de xullo deste mesmo ano.

“Estamos convencidos do valor deste territorio e, por iso, confiamos en que acade o merecido recoñecemento”, aseverou López Campos sobre candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga, onde fixo fincapé en que o Goberno galego cumpriu “rigorosamente cos trámites, documentación e tempos exixidos e segue a facelo con últimos procedementos”, en referencia aos previstos para este semestre.

Deste xeito, lembrou que o pasado mes de novembro unha delegación da Xunta e do Ministerio de Cultura entrevistouse en París cun comité de expertos da Unesco de cara a ampliar e aclarar cuestións do expediente presentado, “que serán presentadas antes do 27 de febreiro”, adiantou. Ademais, López Campos avanzou que mañá mesmo se reunirá co ministro de ministro de Cultura, Ernest Urtasun, co obxecto de abordar o estado da candidatura e establecer unha folla de ruta conxunta para os vindeiros meses. Así mesmo, tamén está prevista celebrar unha xuntanza en febreiro co subdirector da Cultura da Unesco, Ernesto Ottone, e o embaixador de España ante este organismo internacional, Miquel Iceta.

“Estamos, de novo, perante pasos claves aos que nos enfrontamos coa tranquilidade e seguridade que dá contar cunha candidatura madura, sólida e arroupada non só polo Goberno central, senón por toda a comunidade, veciñanza, axentes locais e institucións da zona”, asegurou López Campos, quen tamén lles agradeceu nesta presentación en Fitur “a total implicación e desde o primeiro momento” coa proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da Auga.