Case sete anos despóis de que fora vaiada unha beirarrúa perimetral á Ponte Romana de Ourense na Avenida das Caldas, abríuse ao público tras unha intervención arquitectónica que incluíu unha escada de acceso aos paseos do río Miño.
A obra enmárcase no "proxecto de senda peonil" da Xunta dotado con 5,4 millóns de euros que unirá a estación intermodal co paseo do Barbaña ate Expourense e que según indicou na inauguración o delegado da Xunta, Manuel Pardo "podería estar totalmente concluida no verán". O delegado da Xunta Manuel Pardo puña en valor a actuación realizada que definía coma "marabillosa" pola sua integración e mellora da accesibilidade. Pardo defendeu o compromiso da Xunta cas inversións en Ourense ao tempo que confirmou que seguen perfilando na axenda a petición do alcalde de Ourense para falar dos proxectos que demanda para a cidade na que sería precisa a colaboración económica da Xunta. Precisamente á posta en servizo da nova infraestructura acudía o tenente alcalde do Concello de Ourense, Anibal Pereira que lembraba "a necesidade que a cidade tiña de resolver este problema da Ponte Vella e outros moitos que é necesario solventar" agradecendo a disponibilidade da Xunta para atender próximante a xuntanza demandada polo rexedor
Neste contecto a voceira do PP no Concello de Ourense, Ana Méndez aproveitaba a presencia de edis do seu partido no acto para defender o "compromiso" da Xunta con Ourense e sinalaba que o seu partido ·está a traballar para que exista un proxecto de cidade"
Sen embargo unha parte da actuación semella quie non foi do agrado da veciñanza da zona según puxo de manifesto a presidenta da Asociación de Veciños de a Ponte, Olga Giraldez quen se queixaba do rebaixe que fixeron para enlazar a calzada que conecta As Caldas coa Ponte Vella calificándoa coma unha "chapuza" e expresando a sua preocupación por posibles "anegamentos" en épocas de moita choiva. Giraldez sinalaba que non fixeron alegacións ao proxecto exposto e que únicamente se atendeu alguna das inquedanzas veciñais. Precisamente Marcos Buide, un dos responsables técnicos da Xunta responsable da intervención, explicaba que "se tratou de combinar as novas necesidades de accesibilidade da zona a edificios, á propia ponte e ás ribeiras do miño buscando soluciòns coordenadas entre Xunta, Concello de Ourense e Patrimonio. Buíde tras explicar os criterios empregados polos técnicos e sinalaba que non debería haber problemas de anegamento..

