Expourense

O VII Car Outlet pecha con 112 coches vendidos e 3.000 visitas

Organizado por Expourense e A.C.AU.T.O. contou coa participación de 17 concesionarios que representaban a 27 marcas

Onda Cero Ourense

Ourense |

O VII Car Outlet pecha con 112 coches vendidos e 3.000 visitas
O VII Car Outlet pecha con 112 coches vendidos e 3.000 visitas | Expourense

Expourense ven de pechar as portas da sétima edición do Car Outlet Ourense con 112 coches vendidos e tendo recibido case 3.000 visitas en tres días. Este salón organizado entre Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense-ACAUTO está xa consolidada como una cita agardada polos expositores e tamén polos visitantes. Esta sétima edición contou coa participación de 15 concesionarios oficiais que representaban a 27 marcas e que ofrecían 440 opcións.

Estes datos indican que foron vendidas 4 unidades máis ca na última edición de 2024 e case 500 visitas menos, o que aumenta o ratio de compradores por visitante, se ben o ano anterior 23 marcas repatiron as vendas e nesta foron 27. Os expositores destacaron a clara intención de compra do visitante que xa chega ao recinto sabendo qué tipo de coche quere e cánto quere investir nel.

A esta cifra de ventas pechadas no salón haberá que engadir as que se pechen durante os próximos días por parte dos “indecisos” durante a súa visita ó salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira. Ademais das vendas pechadas nestes 3 días, esta cita serve tamén de toma de contacto para unha transacción a curto prazo. O proceso de compra dun vehículo supón un importante desembolso para as familias que visitan ao salón, miran, van para a casa a pensar e aos poucos días acoden ao concesionario pechar a compra ou para coñecer máiss detalles e probar o coche.

Esta foi a primeira das tres citas que Expourense organiza con ACAUTO. Como é habitual, no mes de outubro celebrarase tamén o Salón del Automóbil Novo (17 a 19 de outubro de 2025) e o Salón do Automóbil de Ocasión (24 a 26 de outubro de 2025). Ambas as dúas citas celebrarán a súa 16ª edición.