Orzamentos Xunta de Galicia

O PP valora en positivo os oramentos mentras Psoe e BNG consideranos un novo agravio en época de crise

O Psoe califica as contas de “totalmente insuficientes” na provincia “máis castigada por Feijóo” e Jesús Vazquez son uns orzamentos extraordinarios de 63,5 millóns de euros, para unha situación excepcional

Óscar Gómez

Ourense | 24.11.2020 08:54

 Alberto Núñez Feijóo durante la rueda de prensa
Alberto Núñez Feijóo durante la rueda de prensa | Agencia EFE

Jesús Vazquez resalta que o primeiro que debemos salientar é o seu grandísimo impulso e carácter social. Non só porque nos 37 millóns de euros consignados plasman perfectamente dous proxectos fundamentais como son a Residencia de Maiores (12 millóns de euros, financiados pola Fundación Amancio Ortega), ou o CAPD, con 4,5 millóns consignados dos 8,5 totais). Tamén se contemplan melloras sustanciais e moi demandadas dos centros de menores da Carballeira (0,145M) e Montealegre (0,486M). Mais o impulso social non só ven da man de obras, senón que a mellora e reforzo dos servizos é sustancial e capitaliza gran parte do orzamentos: 0,598M para a Tarxeta Benvida para recén nacidos; 1,9M para a gratuidade das garderías a partires do segundo fillo; 1,7M para o Servizo de Axuda no Fogar; 4M para axudas á Dependencia e a mesma cantidade para prazas en residencias e centros de día de discapacidade, así como 3,8M para prazas en residencias de maiores, 0,460M para centros de día públicos e 0,299 para prazas en centros de día de alzheimer; 2,5M para Risga e 0,424M para tarxeta básica para mercar produtos de primeira necesidade.

Se falamos de obras, en materia sanitaria sobresaen os 9M de euros para o Complexo Hospitalario, dentro dos 48M totais do proxecto contemplado; así como os 2,5M para o Centro Integrado Sanitario de Ourense; ou ben os 0,450M para mellora da accesibilidade.

Mais outro dos aspectos que sobresaen destes Orzamentos da Xunta para a cidade de Ourense é a inclusión de proxectos que sentan as bases da recuperación económica, ao estar orientados á creación de emprego e riqueza en base a sectores produtivos. Así, está contemplada unha Planta piloto de novos materiais derivados da madeira na Tecnópole, con 1,4M, así como a ampliación do parque empresarial de San Cibrao das Viñas tamén na Tecnópole (1M). E tamén está contemplado un novo edificio administrativo na cidade (2M). De singular importancia é tamén o proxecto para finalizar a circunvalación leste de Ourense (0,250M), dun proxecto global que suporá un investimento de 5M.

E tamén se reforzan servizos e infraestruturas con importantes novidades como é a remodelación do Campo do Couto (0,791M), nun proxecto que case alcanza os 2M, así como o Centro Galego de FP que contempla o 1,7M, gracias ao esforzo inversor e apoio decidido da Deputación de Ourense en colaboración coa Xunta.

Non só se reforzan os proxectos de envergadura que estaban en execución, como é a parte da Xunta da Estación Intermodal (2,010M), así como a demolición da vella terminal de autobuses (0,570M), ou o Transporte Metropolitano (0,6M); así como a posta en valor da Ponte Romana (0,5M), a mellora da OU-105 en Seixalbo (0,6M) ou a de Marcelo Macías (1M); tamén continúa o fomento da mobilidade sostible urbana e interurbana co Plan de Sendas (1,020M). Mais o programa Rexurbe tamén continúa con obras de urbanización por importe de 0,5M; do mesmo xeito que continúan as accións contempladas no Ecobarrio con obras por un importe previsto de 0,270M.

En materia cultural, hai un esforzo significativo de posta en valor do noso patrimonio como é o proxecto para o futuro Museo do Obispado (40.000€), a reforma do cimborrio da Catedral (0,2M) ou a restauración da torre de San Martiño e da fachada occidental da Catedral de Ourense (0,3M).

Grupo Socialista

A deputada ourensana Marina Ortega vén de denunciar “o desprezo” da Xunta nos Orzamentos 2021 para Ourense, que “leva máis dunha década sendo vítima da desidia política e do esquecemento do PP”. Así, a socialista calificou as contas de “totalmente insuficientes” na provincia “máis castigada por Feijóo”.

Ortega denunciou as “promesas incumpridas”, como o Centro de Saúde do Vinteún e Mariñamansa ou o proxecto do hotel balneario; “unha partida insuficiente” para o ecobarrio ou “os cero euros” destinados ao Plan Termal de Ourense. Ademais, lamentou que hai “comarcas totalmente esquecidas e condenadas ao ostracismo” nuns “orzamentos inservibles para atender os problemas reais da provincia” que “esquecen o rural”.

A responsable socialista lamentou que “a pesar de que a Xunta ten unha capacidade de gasto moito maior que en 2020”, nos orzamentos “non se abordan partidas para o desenvolver o reto demográfico, importantísimo para unha provincia que lidera os peores datos demográficos”. Ortega denunciou tamén que os orzamentos “non invisten en infraestruturas de reequilibrio territorial”, “esquecen os investimentos en desenvolvemento industrial” e “tampouco priorizan ningún proxecto relevante para que a provincia poida captar fondos europeos”. Así, lamenta que non haxa “ningunha inversión de calado”, o que supón “un desprezo” por parte do goberno galego.

Doutra banda, a socialista sinalou que “as contas ofrecen a dúbida de que o orzamentario realmente se execute, xa que a pasada lexislatura a Xunta prometeu o centro de atención para persoas con discapacidade”, sendo Ourense a única provincia que non conta con dita infraestrutura, o que “é lamentable para estas persoas e as súas familias. Por último, a socialista incidiu en que os orzamentos “non blindan servizos como sanidade ou educación”, mesmo “tendo en conta no contexto no que nos atopamos” na actualidad

Grupo do BNG

Para o BNG “a letra miúda dos orzamentos son unha mala nova para Ourense, pois un ano máis temos que oír o mantra do investimento per cápita cando a realidade é que a crise demográfica avanza a pasos axigantados e por iso Ourense ten ese dato, porque o peso da poboación é menor”. Así de contundente se amosa a deputada por Ourense Noa Presas ante o proxecto de orzamentos que acaba de remitirlle a Xunta ao Parlamento galego.

Presas ve “con preocupación que o o incremento destes orzamentos responde aos recursos achegados tanto da UE como do Estado, o Goberno galego non estea facendo ningún esforzo extraordinario por aportar máis recursos para enfrontar a crise da covid” ademáis a formación nacionalista insiste en que “non é aceptable que a sanidade ou o ensino, piares fundamentais neste momento, incrementen menos que a porcentaxe de incremento do total dos orzamentos”.

A nivel de Ourense, a deputada nacionalista por Ourense afirmou que “sobran promesas repetidas e faltan propostas ambiciosas para frear a crise socio-económica da COVID-19 e superar a crise política que causou o PP con Jácome e o baltarismo” e engadiu que “é inaceptable que unha vez máis o groso das partidas sanitarias sexan un Plan Director que nin funciona nin se cumpre, cando o hospital de Ourense segue arrastrando carencias como na UCI, que non se resolve só cunha partida raquítica senón que precisa de reforzo de persoal” e faltan apostas que levan pendentes moitos anos como “unha unidade de ICTUS ou unha unidade de xeriatría, ausencia que se notou na crise sanitaria e que segue sen subsanarse” e afirma que “non se pode resolver unha crise sanitaria sen un sobreesforzo económico neste ámbito, e o incremento é mínimo a nivel galego e a nivel Ourense”.

Lamenta ademáis que “a única proposta nova en materia sanitaria para a atención primaria sexa crear un centro integrado de sanidade sen consenso e sen dar máis información cando non se atenden demandas históricas como a mellora do centro de saúde de Mariñamansa ou a construción do centro de saúde do Vinteún, pendente desde hai anos” e que “se siga castigando a Verín cunha contía de menos de 300.000 € para un hospital que a Xunta quere reducir a centro de saúde grande, como amosou ao intentar pechar o paritorio.”