Onda Vermella

Ultima xornada na 1ª Fase da Terceira División e primeira en Preferente

A última xornada na primeira fase na terceira división decidirá os obxectivos polos que loitarán os ourensáns. Os 6 de Preferente comenzan competición máis de un ano despois

Onda Cero Ourense

Ourense | 27.03.2021 14:10

Ultima xornada na 1ª Fase da Terceira División e primeira en Preferente
Ultima xornada na 1ª Fase da Terceira División e primeira en Preferente | Onda Cero Ourense

A terceira división pon punto e final a súa primeira fase este domingo con horario unificado (17:00 horas) e no que tres dos equipos ourensáns agardan o remate da xornada para saber se loitarán polo ascenso ou pola permanencia.

CD Arenteiro

Os carballiñeses xa saben que loitarán na segunda fase polo ascenso de categoría pero precisan os puntos para achegarse ó Bergantiños (líder do grupo norte) e alonxarse dos seus inmediatos perseguidores. O rival de CD Arenteiro (CD Ribadumia) é un dos que está inmerso na pelexa por escapar da fase da permanencia. A victoria dos verdes pode ser un aliado dos outros 3 ourensáns.

Ourense CF

O equipo de Rubén Domínguez precisa gañar no campo de O Couto a un rival directo (Rápido de Bouzas). No caso de non acadar os 3 puntos, os pontinos terán que agardar o que fagan os seus perseguidores.

CD Barco

O equipo de Iván González viaxa ó campo da UD Atios (que estrea adestrador) co obxectivo de acadar unha victoria e que falle algún dos equipos que o preceden na táboa clasificatoria para "colarse" na fase de ascenso. Un empate podería servirlle en algunha remota combinación. A derrota condena ós valdeorreses a loitar pola permanencia na segunda fase.

UD Ourense

O equipo de Fernando Currás é o que precisa máis combinacións para escapar da fase da permanencia. A súa única opción pasa por gañar o seu partido a un rival directo (CD Estradense) e esperar, básicamente que gañe o Ourense CF e que non o fagan CD Barco e CD Ribadumia. O empate ou a derrota colocan ós vermellos na fase pola permanencia.

Combinación que metería a Ourense CF, CD Barco e UD Ourense na fase de play off de ascenso

Por extraño que pareza hai opcións de que os 3 equipos ourensáns ocupen os postos intermedios na primeira fase e, polo tanto, que lles de acceso na segunda fase ó play off de ascenso. Esto sucedería no caso de que perda o Choco (co Pontellas en Redondela), que gañe o Ourense CF no Couto, que gañe a UD Ourense na Estrada, que non perda o CD Barco en Atios e que non perda CD Arenteiro co CD Ribadumia.

Onda Vermella

Esta semana pola canle en Youtube da Unión Deportiva Ourense pasaron Roberto Almeyda (directivo da UD Ourense) que analizou a actualidade dos vermellos, Manel Vázquez (adestrador do Verín CF) para falar do inicio da Preferente para o seu equipo e o resto de ourensáns e Jorge Paz que debullou a última xornada na terceira división.