Despois das mobilizacións do pasado 12 de xaneiro, representantes do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) reunironse en A Coruña coa Delegación do Goberno en Galiza para trasladar unha vez máis a sús posición respecto ao acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur.
A intención desta xuntanza foi expoñer á Delegación do Goberno as numerosas dúbidas que xera este acordo e reiterar o non rotundo ao mesmo mentres non se elimine calquera referencia á alimentación. Ao mesmo tempo instan á Delegación do Goberno a que presione ao Goberno español para que se posicione en contra do acordo e vote non na Eurocámara en tanto que non se dea este cambio.
A Delegación do Goberno recolleu as demandas e preocupacións e confirma que os delegados do Goberno terán unha reunión co Ministro de Agricultura, prevista para o xoves ou venres desta semana.

