Malestar Veciñal

Ribeiro en Común demanda unha Ordenanza de ruídos para Ribadavia

Varias denuncias veciñais e un malestar crecente levan a Ribeiro en Común a pedir a elaboración dunha ordenanza municipal de ruídos, e que a alcaldía interceda entre as partes e cumpra as súas obrigas legais.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Ribeiro en Común demanda unha Ordenanza de ruídos para Ribadavia
Ribeiro en Común demanda unha Ordenanza de ruídos para Ribadavia | onda cero

Ribeiro en Común leva máis de un ano advertindo deste problema, sen que o goberno e a alcaldía quixeran intervir para solucionalo. Desde Ribeiro en Común defenden unha solución pactada entre as partes. Así, a xente nova, e non tan nova, ten dereito a lecer festivo e nocturno, ten dereito a saír sen ter que coller o coche, pero tamén os veciños e veciñas teñen dereito ao descanso, dereito este que está consagrado e amparado no ordenamento vixente, comenta Brais Fidalgo.

En Ribadavia, de ter intermediado o concello, a través do seu alcalde, aforraria moitas queixas, escritos, protestas e ata enfrontamentos entre veciños, algo que calquera goberno municipal debería aspirar a facer, comenta Brais Fidalgo.

Por todo o anterior, Ribeiro en Común propón:

1. Que o Concello de Ribadavia, a través da súa alcaldía, convoque unha Comisión redactora formada por técnicos e grupos municipais para a redacción dunha Ordenanza de ruídos.

2. Se leve ao Pleno Municipal unha proposta de ordenanza de consenso para a súa aprobación.

Por último, que a alcaldía deixe de mirar para outro lado e interceda na problemática, buscando un acordo entre o lecer nocturno e o dereito ao descanso.