O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao secretario xeral para o Reto Demográfico do Goberno de España, Francesc Boya Alós, nun encontro ao que tamén asistiu o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e que segundo declarou o presidente provincial “transcurriu nun clima de absoluta cordialidade e franca colaboración, compartindo ideas e obxectivos”.
Manuel Baltar expuso a Francesc Boya os distintos proxectos nos que está a traballar o goberno provincial no ámbito do reto demográfico, con mención expresa ao programa EmprendOU para apoiar proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais con baixa poboación, ademais de destacar todas aquelas medidas onde o ámbito demográfico instalouse na axenda de traballo da Deputación desde un punto de vista transversal.
A recepción transcurriu nun clima de absoluta cordialidade e franca colaboración
Neste contexto citou proxectos de gran relevancia para Ourense e provincia como a transformación do Pazo Provincial nun gran hotel balneario de referencia en España e Europa, así como os proxectos tractores que recolle a estratexia de captación de financiamento europeo, non só no referido aos fondos Next Generation senón tamén ao marco de financiación plurianual 2021-2027 da Unión Europea.
Manuel Baltar destacou a excelente oportunidade que supuxo a visita a Ourense de Francesc Boya para coñecer in situ o labor que desenvolve a Deputación, “do que xa ten noticia pola relación que mantemos grazas a outros encontros”, sinalando neste sentido o paso do representante do Goberno central pola presidencia da comisión de Reto Demográfico da FEMP.