BANCO DE ALIMENTOS

A raíña Dona Sofía inaugura en Ourense o XXVIII Congreso de Fesbal

A erradicación da pobreza e do desperdicio alimentario centraron en Ourense o congreso nacional do XXVIII Congreso anual da Federación Española de Bancos de alimentos

Jesús Álvarez

Ourense |

A raíña Dona Sofía inaugura en Ourense o XXVIII Congreso de Fesbal
A raíña Dona Sofía inaugura en Ourense o XXVIII Congreso de Fesbal | Ondas Cero Ourense

O auditorio municipal de Ourense acolleu a celebración do XXVIII congreso da Federación Española de Bancos de Alimentos que estivo presidido pola sua maxestade a raíña Dona Sofía e que reuníu a representantes de 54 bancos de alimentos de toda España nun encontro no que a prioridade estivo na abordasxe de medidas para rematar co desperdicio alimentario en España ou erradicación da pobreza.

A ponencia inaugural estivo a cargo do presidente da FESBAL, Pedro Llorca Llinares, que abordou a cobertura de necesidades básicas das persoas vulnerables en Galicia e o papel dos bancos de alimentos.

Os organizadores tentaron consensuar medidas enfocadas a unha distribución equitativa de alimentos, ao apoio a organizacións benéficas e a mobilización dos recursos para quenes realmente o necesitan.

A Conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta, Fabiola García agradecÍa na clausura a labor que realizan os Bancos de Aliments e puña á nosa comunidade coma "exemplo de sodalidariedade"

Na xornada do venres Ourense acollerá tamén unha asemblea de representantes de FESBAL mentres a raíña Dona Sofía tamén terá axenda na provincia onde visitará o Concello de Castro Caldelas incluido na rede de pobos máis bonitos de España .