O grupo municipal do Psoe no Concello de Ourense esixe ao alcalde, Gonzalo Jácome "que se poña a traballar nun plan para mitigar os estragos das altas temperaturas do verán en Ourense". Lembra a socialista Maria Fernández que o Ministerio de Sanidade acaba de publicar un plan de prevención e sobre os efectos do calor na saúde así coma un informe do acontecido en 2023 onde as persoas maiores e nenos foron as que sofriron máis incidentes derivados das elevadas temperaturas "que ademáis de falecementos provocan estrés térmico". Neste contexto lembra a socialista que "Ourense é a tixola de Galicia" e non se coñece cal é o plan do goberno municipal ourensán para facer fronte aos máis de corenta graos que sofre a cidade durante o verán. Mentres o plan do ministerio contempla a posibilidade da posta a disposición dos cidadáns dun servizo de sms ou correo electrónico que alerta das temperaturas e niveis de risco.