As Portas do Xurés son seis centros de interpretación encargados de dar a coñecer ós visitantes da Reserva Transfronteiriza da Biosfera Gerês-Xurés (RBTGX) o rico patrimonio natural e cultural da zona. Estes centros de interpretación sitúanse nos seis concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Cada unha delas esta dedicada a un determinado fin.
Por exemplo, a Porta de Bande sitúase no centro de Interpretación do xacemento romano Aquis Querquennis en Porto Quintela, no caso da Porta de Calvos de Randín, sitúase en Santiago de Rubiás, estando dedicada a dar a coñecer a historia da república esquecida do Couto Mixto, a Porta de Entrimo está dedicada a dar a coñecer a xeomorfoloxía e a paisaxe do parque, a Porta de Lobios, dedicase dar a coñecer a flora do parque natural, a Porta de Lobeira, ten como obxectivo a dar a coñecer a etnografía e a figura do investigador Xaquín Lorenzo ¨Xocas¨, cuxa figura esta moi ligada a Lobeira, mentres que a Porta de Muíños, situada no complexo turístico-deportivo do Corgo, está enfocada a dar a coñecer os recursos hídricos do parque, así como o megalitismo do val do Salas e da serra do Leboreiro.
As Portas do Xurés permaneceran abertas 5 días á semana, os meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2025, co seguinte horario: de mércores a domingo de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 h. a 20,00 horas.
No caso do ano 2026, as Portas do Xures permanecerán abertas os meses de xuño, xullo e agosto co mesmo horario do ano 2025. Así mesmo, abrirán tamén durante a Semana Santa deste ano.
Neste intre estanse a desenvolver na parte galega da RBTGX outras iniciativas postas en marcha pola Deputación de Ourense como é a da realización de traballos de recuperación, preservación e valorización do patrimonio cultural inmaterial (de cariz etnográfico) asociados ó entroido na RBTGX, xa en marcha.