Premios

Peche do curso 2022-2023 do Obradoiro de Instrumentos na Deputacion de Ourense

Os alumnos do Obradoiro de Instrumentos da Deputación pecharon o curso 2022-2023 cun acto no Marcos Valcárcel.

Óscar Gómez

Ourense | 07.06.2023 08:24

Peche do curso 2022-2023 do Obradoiro de Instrumentos na Deputacion de Ourense
Peche do curso 2022-2023 do Obradoiro de Instrumentos na Deputacion de Ourense | onda cero

O vicepresidente segundo en funcións da Deputación de Ourense, César Fernández, participou no Centro Cultural Marcos Valcárcel na entrega dos diplomas acreditativos do curso 2022-2023 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, que foron impartidos por Manuel Brañas e Xosé Maceda.

Como peche do acto, o musicólogo, compositor e intérprete Abraham Cupeiro presentou o proxecto "Resoando no Pasado", unha colección de instrumentos no que o experto viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través do son dos instrumentos de vento. Dende unha reprodución dunha pequena frauta de óso -do 46.000 AC- ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas.

A Xunta entrega diplomas a 15 persoas que remataron con éxito o curso sobre auditoría retributiva

Entrega de diplomas por parte da Xunta
Entrega de diplomas por parte da Xunta | onda cero

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na clausura e entrega de diplomas ás quince persoas que remataron hoxe, con éxito, o curso impulsado pola Xunta sobre valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributiva dirixido a asociacións empresariais e sindicais.

No acto, celebrado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, a representante autonómica puxo en valor o contido destas formacións que permiten afondar nos coñecementos técnicos relacionados coa igualdade retributiva. “Os plans de igualdade das empresas deben incluír auditorías retributivas e valoracións de postos de traballo como ferramentas que saquen á luz as fendas salariais”, defendeu Mancha, que se amosou convencida de que con accións coma esta, Galicia está a avanzar nunha verdadeira cultura da igualdade laboral.