Ourense foi a segunda provincia galega na que máis descendeu o paro en maio con 568 desempregados e desempregadas menos (348 homes e 220 mulleres) situándose a cifra actual en 13538 persoas paradas das que 635 son menores de 25 anos.
A meirande parte das contratacions de Maio foron no sector servizos con 413 desempregrados e desempregadas menos, seguido da construcción con 48, sector primario 43, industria 37 e cae tamén o paro entre o colectivo sen emprego anterior en 29 persoas.
No relativo a afiliación á seguridade social, subiu en maio na provincia de Ourense en 622 persoas ate situarse en 10945 afiliados e afiliadas cotizando no réxime xeral 82810 e 22217 no de autonomos xunto a 492 no réxime agrario e 2426 no réxime do fogar.

