Emprego

Os obradoiros duais unha ferramenta para as persoas desempregadas

Manuel Pardo salientou a importancia destes obradoiros, que a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo de interese público remunerado.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Os obradoiros duais unha ferramenta para as persoas desempregadas
Os obradoiros duais unha ferramenta para as persoas desempregadas | Xunta de Galicia

O delegado territorial salientou a importancia destes obradoiros, que a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo de interese público remunerado, estes homes e mulleres poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación -resaltou o representante do Goberno galego- adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade.

Manuel Pardo destacou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante meses e de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”.

Actuacións

No concello da Merca os traballos consisten no acondicionamento do roteiro de San Marcos, da Broa e dos lavadoiros en Parderrubias, e a limpeza e mantemento do entorno Campo de Hórreos, do parque infantil no Valdoseixo, da área recreativa de Cantodola, no local social de Proente, e dos accesos á fonte lavadoiro en Campelo e aos núcleos rurais da Merca.

No concello de Verea están a levar a cabo a limpeza e acondicionamento da ruta de sendeirismo de do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa, do Ruxidoiro e do Miradoiro do Briñal; e mantemento de accesos a núcleos rurais de Verea. No concello de Celanova desenvolven o acondicionamento da fonte lavadoiro do Cañón, de Carballo, de Campo, de Quintairos, e de Xamirá; e o mantemento e limpeza do camiño rural Feal - Sambadese e de Carracedo.