Ourense Cidade

Natalia González: Jácome coverte o orzamento municipal nun coleccionable por fascículos

"Ao tuit do alcalde hai 15 días, súmase unha nota do concello que contén información falsa e catro documentos sesgados remitidos aos grupos municipais que non constitúen nin un proxecto, nin sequera un borrador de orzamento" explica Natalia González.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Natalia González, portavoz do Psoe no Concello de Ourense
Natalia González, portavoz do Psoe no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

“É unha absoluta falta de respecto” O Concello de Ourense remitiu unha notificación aos diferentes grupos municipais na que se inclúen catro documentos relacionados co Orzamento municipal: a memoria do proxecto e da modificación das bases de execución, o estado ingresos clasificado por orgánica e o estado de gastos clasificados por programa, sendo estas as clasificacións menos útiles porque son as máis escuetas no que se refire ao destino dos cartos, e as máis complexas á hora de realizar análises comparativos con outros orzamentos “entendemos claramente que é unha casualidade”, ironiza a concelleira. “Un proxecto de orzamentos debe conter, como mínimo, unha memoria, a liquidación do exercicio anterior e un avance do corrente, o anexo de persoal, o anexo de investimentos e un informe económico financieiro. Iso como mínimo legal” continúan as socialistas.

De todos remiten o primeiro: Unha memoria explicativa política, porque o grupo de goberno destina os recursos económicos a unha partida ou outra e que serva de radiografía do seu proxecto político: “Remítesenos unha memoria económica técnica na que se xustifican determinados incrementos e que non aporta información relevante porque sumar e restar, en principio, sabemos todas. O que queremos saber dende o Grupo Municipal Socialista é cal é o proxecto político de Democracia Ourensana para a nosa cidade”.

Do resto: liquidación, estados de gastos por económica, anexos de persoal ou beneficios fiscais e informes preceptivos… nada se sabe, por non falar ou, máis importante se cadra o anexo de convenio subscritos en materia social “ou incúmprese a legalidade ao obviar no proxecto compromisos adquiridos, ou peor, non teñen pensado suscribir ningún convenio en materia social no presente exercicio”.

“Non sei se é un coleccionable e a semana que ven sae o informe xurídico, dende logo quedará para a última entrega o informe de intervención. Queremos pensar que é por descoñecemento e que non existe unha vontade de rirse de nós”.