Exposición Beatles

Manuel Baltar inagura "ao redor do universo Beatle" con 300 pezas

Pezas orixinais, unha recreación da habitación de Lennon e Yoko Ono, a súa viaxe a India, libros ou iconas diversas ofrecen aos ourensáns a oportunidade de coñecer máis preto o que supuxo a banda a todos os niveis

Óscar Gómez

Ourense | 26.04.2022 09:23

Manuel Baltar inagura "ao redor do universo Beatle" con 300 pezas
Manuel Baltar inagura "ao redor do universo Beatle" con 300 pezas | onda cero

Os Beatles xa están en Ourense coa mostra “Ao redor do Universo Beatle”, que estará aberta ata o 12 de xuño. A exposición foi inaugurada dentro das actividades programadas pola oitava edición da Ourense ICC Week, polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. “Ten calidade e cantidade como para ser permanente e converterse nun museo”, indicou o presidente da insti-tución provincial.

Manuel Baltar resaltou a importancia deste grupo de Liverpool,- “completamente vi-xente 60 anos despois-” e destacou a súa importancia en distintos ámbitos “pero non podemos esquecer a música. Calquera que queira compoñer hoxe ten que mirar para eles”. Estivo acompañado na inauguración da mostra polo asesor de Cultura da Depu-tación, Aurelio Gómez Villar, o comisario da mesma, Chema Ríos e o responsable da montaxe Xosé Lois Vázquez “Che”, quen afondou nas características da exposición: “É unha mostra interactiva na que o público non se ten que limitar a mirar, senón que o vai pasar moi ben e pode participar”. Tamén estivo na inauguración, entre outros, o xornalista, escritor e músico Carlos Rego, autor dos textos que contextualizan a mos-tra.

A exposición reúne cerca de 300 pezas procedentes de distintas coleccións particu-lares que se mostran ao público en diferentes ambientes e recrean distintos momen-tos imprescindibles na traxectoria do grupo. Dende a icónica cama de Lennon e Yoko Ono ata a súa estadía na India, tan importante para eles. Ademais os libros que se mostran a través dunhas cápsulas, que simulan o sistema de comunicación dos sub-marinos, nun guiño ao “Yellow Submarine”, poden ser descubertos polo público a tra-vés de videopantallas.

Mesa redonda

Trala inauguración tivo lugar a mesa redonda “Ao redor do universo Beatle”, introdu-cida polo coordinador técnico da ICC Week, Juan Rivas, e que contou coa presenza do comisario da exposición, Chema Ríos; o locutor de radio e xornalista musical Julio Ruiz, e o músico Nicolás Pastoriza. O moderador foi o presidente da institución pro-vincial, Manuel Baltar. Anteriormente tivo lugar a proxección do documental “The Beatles at the Shea Stadium” definido por Baltar coma “o musical que non só revolu-cionou a música, e non só en Inglaterra, senón no mundo”.

Os participantes na mesa redonda fixeron un exhaustivo repaso pola vida profesional e persoal dos catro compoñentes da banda e lembraron o seu primeiro contacto co grupo. Chema Ríos contou coma lendo a revista “Hola” na súa casa viu a Lennon “un mozo con melena e guitarra e interesoume a estética e a figura. Aínda non había escoitado a música. Un día, antes de que comezara o que chamabamos o “parte”, oín por primeira vez ‘She loves you’ e quedei impresionado. Ata hoxe”.

Julio Ruiz esa estrea lembraa así: “Despois da envexa que me daba o meu veciño por mercar todos os singles seus, eu merquei o primeiro da miña vida que tiña a cara a a canción “All you need is love” e costoume 65 pesetas. Dando despois clase a uns nenos de 9 e 10 anos, rematamos e vimos o momento histórico no que Mundovisión retransmitiu o concerto dos Beatles”.

A lembranza de Nicolás Pastoriza mestura tristeza e descubremento. “Cando tiña 6 anos faleceu meu pai. Son o pequeno de seis irmáns, adolescentes nos 60 e crecín cos Beatles. O día que morreu meu pai, dada a tristura e os laios no velatorio que había na casa, unha veciña a petición da miña nai levoume á rúa. Non sabe que facer con ese neno e imos ao cine. A película: “Help”. Catro melenudos en cor, con aven-turas supernovas e cancións maravillosas. Seguí amando aos Beatles incluso máis alá dos Beatles”. Todos coincidiron tamén en sinalar que sin Brian Epstein os Beatles non existirían. En Liverpool, naqueles anos, había máis de 600 grupos. “Sin él non habería grupo, eran moi erráticos".