Feira do viño de Ribadavia

Luis Menor enxalza o viño do Ribeiro como “un dos grandes emblemas de Ourense"

O presidente provincial participou na inauguración da 62ª Feira do Viño do Ribeiro, un evento que “continúa conservando a tradición vinícola da comarca, defendendo a súa identidade, poñendo en valor o esforzo dos produtores, e enxalzando a calidade dos seus viños.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Luis Menor enxalza o viño do Ribeiro como “un dos grandes emblemas de Ourense"
Luis Menor enxalza o viño do Ribeiro como “un dos grandes emblemas de Ourense" | Deputación de ourense

Luis Menor sinalou que a Feira do Viño do Ribeiro “continúa conservando a tradición vinícola da comarca, defendendo a súa identidade, poñendo en valor o esforzo dos produtores, e enxalzando a calidade dos seus viños. Exercendo, en definitiva, de embaixadores da marca Ourense”.

Luis Menor enxalza o viño do Ribeiro como “un dos grandes emblemas de Ourense"
Luis Menor enxalza o viño do Ribeiro como “un dos grandes emblemas de Ourense" | Deputación de Ourense

Tamén fixo un repaso o presidente provincial das políticas que leva a cabo a Deputación no apoio ao sector, como é a cooperación constante para o funcionamento dos consellos reguladores, para a internacionalización dos viños, ou as medidas orientadas a potenciar o enoturismo. Ademáis de enxalzar o viño do Ribeiro como “un dos grandes emblemas de Ourense, así como todo un orgullo para o noso territorio”, Menor tamén puxo en valor as potencialidades da comarca, tanto no eido da viticultura como no eido termal, destacando tamén a cercanía manifesta da comarca do Ribeiro coa capital de España a través do AVE.