Ourense Cidade

Jácome destaca que o acendido das luces foi “o acto festivo máis multitudinario na historia da cidade”

Pérez Jácome subliña que máis de 30.000 persoas abarrotaron a Praza Maior e as rúas máis céntricas e conclúe que “o éxito dos eventos organizados en 2022 non ten parangón”

Óscar Gómez

Ourense | 05.12.2022 07:53

Jácome destaca que o acendido das luces foi “o acto festivo máis multitudinario na historia da cidade”
Jácome destaca que o acendido das luces foi “o acto festivo máis multitudinario na historia da cidade” | ourense.com

O acendido das luces do Nadal do pasado venres, en distintos puntos de Ourense, foi o acto festivo más multitudinario na historia da cidade, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen detalla que máis de 30.000 persoas abarrotaron a Praza Maior e as rúas máis próximas, como Lamas Carvajal ou Bispo Cesáreo, así como a rúa do Paseo, Parque San Lázaro ou Santo Domingo, entre outras: “Supuxo a maior congregación de persoas na rúa nun acto festivo na cidade ou posiblemente de calquera outro acto na súa historia”, concluíu o rexedor

Pérez Jácome subliña que “o éxito dos eventos organizados este 2022 non ten parangón: o Entroido, as Festas de Ourense, Halloween, San Martiño e, agora, o Nadal”. Afirma a este respecto que “isto demostra que facemos festexos para chegar a unha gran maioría e non a unha minoría como se facía en grupos de goberno anteriores”.

O alcalde lembra a ampla oferta de eventos que a cidade de Ourense acollerá durante os próximos días, coincidindo coa longa ponte do mes de decembro, que serve de preludio para o Nadal, dos que destaca:

Concertos na Praza Maior:

  • Trío Somoza, Versións Top. Luns, 5, 20 h
  • Broken Peach, Versións Top. Mércores, 7, 20 h
  • Carrusel clásico gratuíto. Contorna da Ponte Vella, de 11 a 14 h y de 16.30 a 20.30h
  • Mercado navideño no Parque de San Lázaro, con espectáculos e animacións diarias ás 18 h

Festas de Mariñamansa, na explanada da Farixa

  • Orquestra París de Noia. Venres, 9, desde as 23 h.
  • Festa da Mocidade, con 5 DJ´s, Sábado, 10, de 20 a 4h.

O alcalde explicou tamén que “no noso desexo de atender mellor, desde o Concello fixemos adaptacións de última hora de xeito que durante esta ponte de decembro instalaranse e acenderanse luces nalgunhas zonas onde aínda non se colocaron, se ben o 95% está xa operativo”.