Un lume rexistrado na fin de semana na localidade ourensán de A Veiga de Cascallá en Rubiá deixou tres casas calcinadas na sua totalidade e un bombeiro ferido ao golpearlle unha viga anque afortunadamente xa está a recuperarse.
O lume acontecía na noite do sábado e os veciños revivían o susto do gran lume forestal que asolou a zona no verán de 2022. Precisamente a celeridade coa que actuaron sacando unha mangueira foi clave para evitar desgrazas maiores xa que cando comenzaron a chegar os equipos de emerxencias as lapas xa se extenderán por duas vivendas, afectando posteriormente a unha terceira. Ademáis un dos veciños foi quen de socorrer a unha anciá que estaba na casa soa cando comezou a arder sen que houbera desgrazas persoais.
Anque algúns veciños se queixaron da falta inicial de medios, ate a zona se desplazaban, alertados dende o 112, equipos da garda civil, de urxencias sanitarias de Galicia 061, bombeiros e ges de Valdeorras así coma outros equipos de bombeiros enviados dende Quiroga, Monforte e Verín ademáis dunha motobomba de Medio rural.
Agora investíganse as causas namentres do lume que tivo nas casas de madeira un aliado para a sua rápida propagación. Namentres o bombeiro de Valdeorras que resultou ferido -ao caerlle enriba unha viga- recupérase na sua casa tras pasar polo hospital.

