O pasado sábado 19 de novembro público, voluntarios e deportistas de 7 Comunidades Autónomas puideron gozar dunha atractiva competición de Parabádminton, incluída no calendario da Federación Española de Bádminton, onde o deporte inclusivo e a convivencia foron os principais ingredientes.
O Club Athlos de Ourense acolleu esta fin de semana o V Circuíto Nacional de Parabádminton e o “I CN de Parabádminton Cidade de Ourense”, situando aos seus xogadores entre os primeiros clasificados en cadeira de rodas (WH) e pé (SL4)
En canto a resultados, Ignacio Fernández Enríquez ratificou o seu 1o posto no Ranking Nacional ao conseguir o ouro en Individual Masculino. Prata para el tamén en Dobres, xunto coa local Mireia Hermida, só derrotada pola parella madrileña formada por Javier Marcos e Juan Carlos Quintana Federación de Bádminton de Madrid.
Mención especial ao debut en competición estatal do Club Athlos de Ourens, Manuel G Rosendo (SL) conseguindo unha dobre prata na modalidade de individual e dobres xunto con Alex Santamaría (Lardero) e Yago López (WH) e ás participacións femininas, tanto por Mireia Hermida (Athlos) na cadeira, como por Selenia Pla (Xátiva) Club Badminton Xàtiva a pé.
No acto de clausura, o Clube Athlos rendeu homenaxe ao seu medallista de bronce na Copa do Mundo, Nacho Fernández Enríquez, entregándolle a acuarela orixinal de Roberto Rodríguez Montero que deu vida ao cartel do evento e que el mesmo lle cedeu.
Xunto a el, Julio Fernández Pérez, presidente de honra e fundador do Club Athlos; Rodrigo Sanjurjo, presidente en funcións da Federación Galega, e Dolores Sarmiento, actual presidenta do club, entregaron agasallos aos mellores.