Emigración

Galicia consolida as cifras récord de retorno con preto de 8.500 persoas

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o saldo migratorio positivo de Galicia alcanza novamente cifras récord en 2024, con 30.325 persoas.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Galicia consolida as cifras récord con preto de 8.500 persoas
Galicia consolida as cifras récord con preto de 8.500 persoas | Xunta de Galicia

Galicia experimentou un saldo migratorio positivo de 30.325 persoas, unha das mellores cifras de toda a serie histórica, continuando coa tendencia dos últimos anos, nos que Galicia gaña poboación grazas a todas esas persoas que deciden residir na nosa Comunidade. Este saldo favorable inclúe tanto o movemento migratorio con países estranxeiros, que sumou 27.730 persoas, como co resto das CCAA de España, con 2.595 persoas.

Ademais, 2024 marcou un fito importante para a comunidade galega, xa que por cuarto ano consecutivo se acadou unha cifra histórica de retorno. Un total de 8.435 galegos decidiron voltar a Galicia desde os seus respectivos países de residencia, elixindo a súa terra de orixe para asentarse de novo. Este aumento no número de retornados acompáñase dun significativo incremento no total de persoas que optaron por trasladarse a Galicia desde o estranxeiro en 2024.

Desde a Xunta afirman que “son uns datos extraordinariamente positivos. Volvemos romper o teito de cifras de retorno a Galicia e iso evidencia que as políticas do Goberno galego no seu conxunto son as axeitadas, pero tamén que os galegos do exterior entenden que Galicia é un lugar adecuado para desenvolver o seu proxecto de vida”.