Solidaridad

Gadis entrega máis de 150.000 quilos de productos grazas o Maio solidario

A cantidade recollida, tanto de produtos como en metálico, destinarase a once bancos de alimentos. O apoio a estas entidades sociais enmárcase no propósito da compañía de xerar impacto positivo na súa contorna a través da sustentabilidade económica, social e ambiental.

Óscar Gómez

Ourense | 07.06.2023 08:09

Gadis entrega máis de 150.000 quilos de productos grazas o Maio solidario
Gadis entrega máis de 150.000 quilos de productos grazas o Maio solidario | onda cero

Gadis reuniu máis de 150.000 quilos de alimentos de primeira necesidade, sumando a colaboración dos clientes e os 25.500 quilos achegados pola propia compañía á 11ª campaña Maio Solidario. Esta axuda, que chegará a miles de fogares en situación de vulnerabilidade de Galicia e Castela e León, será xestionada polos once bancos de alimentos cos que colabora de forma habitual. A doazón económica dos clientes ao pasar por caixa ascendeu a 49.217€, que se reparten tamén entre o Banco de Alimentos da Coruña, Ferrol, Santiago (Balrial), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora.

Desde Gadis mostran o seu agradecemento aos clientes pola súa solidariedade e o esforzo que realizaron co seu apoio a esta iniciativa, na que se logrou recadar un 36% máis de produtos que o ano anterior. A implicación do equipo humano e a colaboración dos voluntarios nas tendas tamén contribuíron a que, neste 2023, se poida axudar a máis persoas. Este é o gran obxectivo desta campaña solidaria: chegar cada vez a máis cidadáns e colectivos que o necesitan.

Alianza solidaria

A implicación da empresa coa súa contorna desde o seu compromiso coa tripla sustentabilidade (económica, social e ambiental) define o desenvolvemento de Maio Solidario desde 2013. Unha alianza solidaria que mantén cos bancos de alimentos como a fórmula máis eficaz para unha repartición equitativa da axuda. Estas entidades sociais participan activamente no día a día de 800 asociacións, que atenden a máis de 100.000 persoas en situación de vulnerabilidade e son coñecedoras das súas necesidades. A estes fogares chegarán os produtos de alimentación, como arroz, legumes, aceite, leite, galletas, cereais e conservas, que se recolleron desde o 2 ata o 28 de maio en 204 Gadis de Galicia e Castela e León.

Once anos de compromiso

Preto de 1,5 millóns de quilos de alimentos se reuniron nestes once anos de Maio Solidario, aos que hai que engadir os máis de 175.000 € recadados nestas tres últimas edicións. O compromiso de Gadis coa súa contorna enmárcase na súa adhesión ao Pacto Mundial das Nacións Unidas e, en concreto, a dous dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030: ODS 1 (Fin da Pobreza) e ODS 2 (Fame cero). A esta campaña súmanse outras accións ao longo do ano co mesmo propósito, algunhas desenvolvidas tamén en colaboración cos once bancos de alimentos e con outras organizacións, como Cáritas ou as Cociñas Económicas.

Solidariedade: eixo do programa de Responsabilidade Social Corporativa

A solidariedade é un dos eixos do programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía, que no 2022 levou a cabo 1.905 iniciativas de diversa índole. Máis dun 21% do total desenvolvéronse no ámbito solidario no seu afán por mellorar as condicións de vida das sociedades nas que está presente, xerando impacto positivo na súa contorna.