Cooperación

Gadis adhíerese ao programa do carné xove da Xunta de Galicia

Gadis realizará sorteos mensuais de vales de compra, material tecnolóxico, escapadas e experiencias, entre outros, para os clientes de 18 a 30 anos usuarios do Carné Xove e da APP GADIS+.

Óscar Gómez

Ourense | 02.02.2023 10:54

Gadis adhíerese ao programa do carné xove da Xunta de Galicia
Gadis adhíerese ao programa do carné xove da Xunta de Galicia | onda cero

Gadis súmase ao programa do carné xove da Xunta de Galicia co obxectivo de achegarse aos seus clientes máis novos ofrecéndolles vantaxes a través das ferramentas dixitais. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e a directora de Marketing e RSC da compañía, Melisa Pagliaro, explicaron en que consiste o acordo de colaboración.

Gadis adhíerese ao programa do carné xove da Xunta de Galicia
Gadis adhíerese ao programa do carné xove da Xunta de Galicia | onda cero

Vantaxes para a mocidade galega

Este convenio inclúe diferentes accións, por parte da cadea de supermercados, para ofrecer á mocidade galega beneficios por comprar en Gadis. Así, todos os meses, lanzará na APP GADIS+ sorteos de material tecnolóxico, vales de compra, escapadas e experiencias, e outras promocións atractivas para os clientes de entre 18 e 30 anos usuarios do Carné Xove.

Os requisitos para participar son descargar a aplicación GADIS+, rexistrarse co número de Carné Xove e escanear a APP ao realizar calquera compra nos puntos de venda de Gadis.

Con esta acción, Gadis reforza o seu compromiso de estar cada vez máis preto dos seus clientes, especialmente dos máis novos. Axilizar o acceso á comunicación e interactuar cos seus clientes é un dos obxectivos da súa estratexia dixital, para fortalecer a relación cos consumidores a través de distintas plataformas.

A directora de Marketing e RSC de GADISA retail, Melisa Pagliaro, sostivo ante a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García que “defendemos e compartimos os vosos valores e propósitos. Os mozos e as súas familias están no centro do noso plan de Responsabilidade Social Corporativa, a través do que desenvolvemos diversas accións. Estamos comprometidos con lograr unha sociedade máis xusta, solidaria e sostible”.

Desde a empresa tamén se quere destacar a importancia da colaboración público-privada neste tipo de iniciativas. Esta cooperación enmárcase no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, que potencia o desenvolvemento de accións relacionadas co deporte, a cultura, a solidariedade e o desenvolvemento local para promover un impacto positivo na súa contorna.